Viaqua reforzará o carácter didáctico do centro de interpretación de auga de Lérez

Pontevedra
08 de abril 2019

O centro de interpretación de auga, situado nun edificio anexo ao depósito de Lérez, terá a partir de agora un enfoque aínda máis didáctico. Viaqua, empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga e saneamento, investirá 280.000 euros para renovar estas instalacións. Trátase dun compromiso incluído no novo contrato

Visita á Estación de tratamento de auga potable de Lérez Concello de Pontevedra

O centro de interpretación de auga, situado nun edificio anexo ao depósito de Lérez, terá a partir de agora un enfoque aínda máis didáctico. Viaqua, empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga e saneamento, investirá 280.000 euros para renovar estas instalacións. Trátase dun compromiso incluído no novo contrato.

O responsable do ciclo da auga en Pontevedra, Raimundo González, explicou que a empresa mellorará o acceso ao centro, que actualmente é un "carreiro ancho" polo que se accede con dificultades.

Así, habilitarase unha sucesión de ramplas que permitirá chegar de maneira máis cómoda ao centro de interpretación.

A gran novidade, en todo caso, será a instalación dun xogo que se accionará co fluxo da auga e que permitirá, fundamentalmente aos escolares, aprender cuestións físicas relacionadas coa velocidade, o movemento ou a enerxía, a través de carreiras de barcos, noras ou regadíos.

Ademais, colocarase mobiliario urbano en todo este ámbito, con novos bancos, papeleiras ou arboledo e acondicionaranse os camiños.

O Concello espera que o centro reabra as súas portas o próximo curso con esta renovación xa realizada. A intención é potenciar estas instalacións e, a partir de agora, realizar nelas visitas guiadas, exposicións, sesións de contacontos e obradoiros.