Veciños e traballadores de Moraña reciben preto de 12.000 materiais de protección

Umia
02 de maio 2020

Esta cifra acadouse tras a recepción e reparto, nestes últimos días, de 557 unidades por parte da Xunta de Galicia e outras 250 dende a Subdelegación do Goberno. Ademais, nas últimas semanas repartiron 2.100 procedentes de doazóns de empresas e veciños  

Doazón de material de protección da empresa Bandalux Concello de Moraña

O Concello de Moraña xa distribuíu un total de 11.947 unidades de Equipos de Protección Individual (EPI ́s) de diversa tipoloxía e materiais de hixiene entre profesionais e entre todos os veciños empadroados co obxectivo de diminuír o risco de contaxio e conter a transmisión do coronavirus.

Esta cifra acadouse tras a recepción e reparto, nestes últimos días, de 557 unidades por parte da Xunta de Galicia e outras 250 dende a Subdelegación do Goberno.

Ademais, nas últimas semanas repartiron 2.100 procedentes de doazóns de empresas e veciños da contorna, que achegaron principalmente pantallas protectoras, batas e máscaras. Este foi o caso dunha doazón da multinacional Bandalux.

Ademais, o Concello mercou 5.420 máscaras con fondos propios que se repartiron entre toda a poboación adulta e infantil.

Este reparto de material de protección centrou a labor do Concello no actual Estado de Alarma xunto coa posta en marcha de máis dunha decena de servizos municipais extraordinarios, que atenden a unhas 185 familias do municipio e entre os que destacan o subministro de alimentos e produtos básicos, a atención domiciliaria.