Unha veciña de Meaño necesitou asistencia médica tras un incendio na súa casa

O Salnés
28 de marzo 2025
Actualizado: 19:37

Segundo a información recollida no 112 Galicia, todo comezou preto da unha desta tarde nun domicilio situado na parroquia de Padrenda, en Meaño, ao pé da EP-9305

Incendio nunha vivenda en Padrenda (Meaño)
Incendio nunha vivenda en Padrenda (Meaño) Seguridade Cidadá Sanxenxo

Unha veciña de Meaño necesitou asistencia médica despois de que este venres se rexistrase un incendio na súa casa.

Segundo informou o 112 Galicia, ardeu o baixo da casa, onde había un quentador de auga e unha cociña.

O resto da vivenda viuse afectada polo fume.

A propietaria da casa tivo que ser evacuada ao Hospital de Montecelo con síntomas de intoxicación por inhalar fume.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, todo comezou preto da unha desta tarde nun domicilio situado na parroquia de Padrenda, en Meaño, ao pé da EP-9305. Unha información que ofreceron dúas testemuñas, que vían saír chamas do baixo da casa.

Así, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Ribadumia, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xa que podía haber persoas dentro da vivenda.

En canto aos bombeiros, que contaron coa colaboración dos membros do GES de Sanxenxo, sufocaron o incendio, que danou a parte baixa da casa.