Varios accidentes provocan caravanas na autoestrada e no acceso á Lanzada

Vilaboa
21 de xullo 2024
Actualizado: 20:24

Nesta xornada dominical do 21 de xullo están a rexistrarse complicacións no tráfico con importantes caravanas de vehículos na autoestrada AP-9 e no acceso á praia da Lanzada por mor de varios accidentes ocorridos pola mañá e tamén pola tarde

Cámara de tráfico da DGT DGT

Nesta xornada dominical do 21 de xullo están a rexistrarse complicacións no tráfico con importantes caravanas de vehículos na autoestrada AP-9 e no acceso á praia da Lanzada por mor de varios accidentes ocorridos pola mañá e tamén pola tarde.

Por unha banda, unha muller resultou ferida de gravidade tras unha saída de vía na autoestrada.

O 112 Galicia informou que recibiu a alerta do accidente ás 12:30 horas na AP-9, ao seu paso pola parroquia de Trasmañó, en Redondela. No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba ao redor do punto quilométrico 149 en dirección a Pontevedra.

Os xestores de emerxencias do 112 Galicia recibiron o aviso por parte de varios particulares que informaban do suceso. Segundo informaban, un vehículo dera unha volta de campá e chocou contra a mediana da estrada. Engadían que a persoa que ía no interior do vehículo precisaba asistencia sanitaria e o accidente estaba a causar retención.

Enseguida, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os cales cando chegaron ao momento informaron de que a muller estaba atrapada no interior do vehículo e atopábase ferida de gravidade. 

Segundo a información recibida no 112 Galicia por parte dos membros do GES, tiveron que abrir a porta para acceder á ferida.

Informou Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que a ferida é unha muller, de 44 anos que foi trasladada ao Hospital Alvaro Cunqueiro nunha ambulancia asistencial SVA.

SANXENXO

Por outra banda, en Sanxenxo tamén se rexistraron dous accidentes de tráfico. O primeiro deles foi unha colisión entre dous vehículos que se produciu na recta de Noalla pasadas as 12.30 horas. Como consecuencia do golpe uno dos condutores resultou ferido leve sendo trasladado en ambulancia a un centro sanitario.

A esa mesma hora tiña lugar outro sinistro, neste caso sen feridos, na rotonda de acceso á praia da Lanzada. 

DE NOVO POLA TARDE

O regreso das praias pola tarde tamén rexistrou un accidente na Ponte de Rande, esta vez de entrada a Vigo, cunha colisión en Chapela sobre as 18:30 horas, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico.

De novo repetíronse as retencións e a Garda Civil tivo que habilitar un carril interior para axilizar a circulación. 

Igualmente en Sanxenxo houbo outro accidente no que resultou ferido o piloto dunha motocicleta. O suceso, no que tamén estiveron implicados dous coches, ocorreu xunto ao cruzamento do Hotel Pirámide, en Portonovo. O motociclista foi trasladado en ambulancia.