Varias empresas interésanse "fóra de prazo" por adquirir unha parcela en Barro Meis

Barro
07 de novembro 2014

O vindeiro luns, día 10, abriráse o sobre B, de referencias técnicas, coas ofertas presentadas por Froiz e pola empresa de autocares Novas Rías. Louzán manifestou este venres que a institución provincial estudia abrir unha nova convocatoria de alleamento de parcelas do polígono

Polígono empresarial de Barro Meis

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou este venres que a institución provincial estudia abrir unha nova convocatoria de alleamento de parcelas do polígono de Barro-Meis toda vez que a compra dun importante número de parcelas por parte de Supermercados Fróiz provocou o interés doutras firmas para radicarse no polígono.

Louzán destacou que a decisión del Grupo Froiz de comprar un espazo situado entre a AP-9 e a cabina de peaxe da saida da Vía Rápida do Salnés está actuando como "locomotora" do polígono e son varias as empresas de servizos auxiliares ou complementarios que se dirixiron á Deputación para interesarse pola compra de parcelas, unha vez rematada a convocatoria anterior o pasado luns 3 de novembro.

"Estudiaremos a posibilidade de abrir unha nova convocatoria para atender as demandas destas empresas", dixo Louzán.

O vindeiro luns, día 10, abriráse o sobre B, de referencias técnicas, coas ofertas presentadas por Froiz e pola empresa de autocares Novas Rías. Catro ou cinco días despois, abriráse o sobre coa súa oferta económica e o alleamento definitivo das parcelas irá á comisión informativa do día 21 e aprobaráse definitivamente no Pleno do día 28.

Louzán afirmou que "andaremos por unha porcentaxe de ocupación do polígono do 55 ou 60% do polígono e quedará unha superficie disponible en torno ao 40%".