Unha vez máis o Río Gafos sufriu unha vertedura no seu leito.
Segundo denuncia este sábado a asociación Vaipolorío trátase do "enésimo episodio" localizado no mesmo sumidoiro.
En concreto, sinala o colectivo ecoloxista, o causante é un sumidoiro situado no Marco, en Tomeza, e que se viu desbordado.
A situación foi comunicada ao 112.