Este sábado 18 a partir das 10.00 horas, a asociación Vaipolorío convoca a todas aquelas persoas que queiran colaborar na limpeza do carreiro e tamén do leito do río Tomeza (río dos Gafos).
O temporal que durante este xoves afectou as Rías Baixas provocou que varias pólas se desprenderan e mesmo causou que algunhas árbores caeran sobre as beiras e tamén sobre o río.
Por este motivo, o colectivo ecoloxista fai un chamamento a que todas aquelas persoas que queiran participar, se as condicións meteorolóxicas o permíten, na retirada destes elementos póñanse en contacto coa asociación a través do 676.842.942.