Usuarios de Juan XXIII constrúen miradoiros de madeira en enclaves naturais de Marín

Pontevedra
28 de setembro 2015

A construción dos miradoiros contratouse á empresa da Fundación para a Discapacidade e o Emprego Juan XXIII co encargo de facelos en madeira para que estean acorde coa contorna e para que contribúan á revalorización dos espazos públicos nos que se constrúen

Traballadores de Juan XXIII constrúen miradoiros en Marín Concello de Marín

Integrantes da asociación Juan XXIII encárganse desde hai días da construción de varios miradoiros en puntos do rural de Marín dentro dun proxecto realizado polo Concello con cargo a unha subvención da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

Segundo informou o Concello, a construción dos miradoiros contratouse á empresa da Fundación para a Discapacidade e o Emprego Juan XXIII co encargo de facelos en madeira para que estean acorde coa contorna e para que contribúan á revalorización dos espazos públicos nos que se constrúen. 

O Concello insiste en que a actuación supón a mellora das zonas nas que se sitúan e permite dotarlas de maior comodidade para o goza de contornas naturais de atractivo inigualable. A responsable municipal de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, engade que a actuación tamén implica a instalación duns aparcabicis na mesma zona. 

O bo tempo dos últimos días facilitou o avance da actuación, que, ademais, contribúe á inserción das persoas con discapacidade vinculadas a Juan XXIII.