Cincocentos nenos apuntáronse este ano á iniciativa "Envolve" que consiste nunha recollida solidaria de xoguetes novos para familias sen recursos. O obxectivo é que ningún neno pontevedrés quede sen estrear agasallo este nadal grazas á solidariedade dos cidadáns.
A Fundación Meñinos impulsa este ano esta campaña en colaboración coa concellería de Benestar do Concello de Pontevedra.
Ningún agasallo será dun valor superior a 30 euros
Ata agora anotáronse 340 cómplices polo que aínda faltan 160 máis para que os Reis Magos poidan facer realidade as cartas dos nenos. O prazo termina o próximo día 27 de decembro.
Participar é moi sinxelo, pódese acudir a apuntarse á Casazul, na rúa Sor Lucía 2. Os cómplices tamén se poden apuntar online enviando un email envolvepontevedra@gmail.com
Ningún agasallo será dun valor superior a 30 euros.