Unión sindical para reclamar o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas

Pontevedra
11 de xaneiro 2018

Delegados de UGT, CC.OO. e CIG concentrábanse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra para expresar a solidariedade cos dous traballadores condenados a tres anos de prisión tras ter participado na folga provincial do transporte en 2008

Concentración sindical para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

"Condenan os obreiros, indultan os banqueiros" ou " Non son ladróns, son traballadores" foron algúns dos cánticos que este xoves escoitáronse nos arredores do edificio da Subdelegación do Goberno onde numerosos representantes sindicais concentrábase para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

Esta protesta, secundada por UXT, CIG e CC.OO., orixínase ante o silencio por parte da subdelegada do goberno, Ana Ortiz, á petición realizada polos sindicatos para manter un encontro no que tratar este tema. Presentaron varias solicitudes desde fai tres meses e desde o organismo estatal non reciben resposta.

Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, afiliados de CIG e UXT respectivamente, foron condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete en Vigo durante a folga de transporte. O piquete había tentando impedir o acceso duns camións na entrada do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Á chegada da Policía Nacional, un axente solicita a documentación destes dous sindicalistas, que foron denunciados como autores do lanzamento de pedras. O delito, recollido polo artigo 315.3 do Código penal, castiga a vulneración do dereito do persoal que aquela xornada de folga quería traballar. 

A sentenza foi ratificada polo Tribunal Superior de  Xustiza de Galicia. Agora, os dous representantes sindicais dependen da decisión do Goberno para a concesión do indulto. Se non o autorizan, ambos entrarían en prisión

Serafín Rodríguez, que asistiu a esta protesta, manifestaba que non pode manter unha actividade diaria con normalidade porque "sempre está algo aí. Non son o mesmo de hai seis anos. Sempre hai algo detrás que che está minando". 

O secretario xeral de UXT, José Antonio Gómez, afirmaba na concentración deste xoves que "Carlos e Serafín non cometeron ningún delito" alegando que defenderan os dereitos lexítimos da clase traballadora. Por este motivo reclaman ao Parlamento español a derrogación do artigo 315.3 do Código penal, que consideran anticonstitucional e que a Organización Internacional do Traballo denuncia por vulnerar o dereito de folga. 

Pola súa banda, Paulo Carril, secretario  xeral de CIG, lamentaba que non se ofreza resposta a un indulto demandado de forma "masiva" pola clase traballadora de Galicia. Cualificó ao goberno de Mariano Rajoy de "insensible" e considera indecente que haxa obreiros en risco de entrar en prisión cando "os delincuentes de cuello branco campan ás súas anchas". Nesta mesma liña afirmou que non van a desfalecer nas protestas e tampouco van permitir outra solución distinta ao indulto de Carlos Rivas e Serafín Rodríguez.