A Policía Local de Poio propuxo á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia o inicio dun expediente a unha veciña de Poio por non tomar as medidas necesarias para evitar que os seus cans causen danos á seguridade pública.
Segundo informan fontes oficiais da Xefatura da Policía Local de Poio, tres cans foron retirados polo Concello, este mércores na quenda de tarde, despois de dous sucesos de ataques a persoas.
Estes animais estaban nunha vivenda na Avenida de Encoirados e o recinto atópase sen un peche seguro e coas reixas deterioradas.
Logo de identificar ao propietario este fixo unha cesión dos cans á Canceira de Poio para a súa protección.
A infracción é moi grave e se barema dende 5.000 a 30.000 euros.