Unha trintena de novos contaxios manteñen a tendencia nos casos activos de covid na área sanitaria, con 7 hospitalizados

Pontevedra
24 de novembro 2021

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este mércores 24 de novembro con 270 casos activos de coronavirus, o que supón 24 máis que o martes, segundo informa o Servizo Galego de Saúde

Campaña de vacinación da terceira dose contra a covid e a antigripal Mónica Patxot

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este mércores 24 de novembro con 270 casos activos de coronavirus, segundo informa o Servizo Galego de Saúde.

Isto supón manter a tendencia á alza con 24 casos máis que o martes tras unha xornada na que o Sergas sumou ás estatísticas 30 novos contaxios e 6 altas epidemiolóxicas de pacientes afectados polo virus.

O incremento non se traduce esta vez na asistencia hospitalaria, con 7 persoas ingresadas (mesmo número que o día anterior) das que 6 atópanse en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (5) e o Hospital  do Salnés (1), e unha evoluciona na Unidade de Coidados Intensivos de  montecelo.

O resto de 263 persoas contaxiadas evolucionan nos seus domicilios.

Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.362 persoas na área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 205 falecementos de pacientes co virus activo.

En canto á realización de probas de detección, o Sergas realizou 446 PCR en Pontevedra e O Salnés na última xornada.