Unha saída de vía en Montalvo deixa unha condutora ferida ao impactar contra un poste da luz

Sanxenxo
23 de agosto 2024

A condutora do vehículo foi atendida polo 061 no lugar do suceso, que se rexistraba ás 10.14 horas deste venres 23. A Garda Civil investiga as causas do accidente. Foi necesario desviar o tráfico

Lugar onde se rexistraba o accidente á altura de Montalvo Concello de Sanxenxo

O sinistro viario produciuse ás 10:14 horas deste venres 23 de agosto na estrada de Montalvo, en Portonovo, no concello de Sanxenxo.

Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o accidente consistiu nunha saída de vía seguida dun choque contra un poste da luz.

A condutora do vehículo foi atendida polo 061 no lugar do suceso das feridas provocadas polo impacto.

A Policía Local encargouse de regular e desviar a circulación mentres se agardaba a chegada da Garda Civil de Tráfico, competente nesta zona para instruír as dilixencias do accidente.

O impacto provocou a caída do poste de luz eléctrica, pero o subministro de enerxía non se viu afectado xa que os cables mantivéronse intactos.

A estrada atopábase mollada debido ás débiles precipitacións caídas durante a mañá nas Rías Baixas.

A Garda Civil de Tráfico investigará as causas exactas do sinistro.