Unha pontevedresa deberá esperar máis de dous anos para que un xulgado revise unha petición de conciliación laboral

Pontevedra
09 de abril 2021

Día 17 de xaneiro de 2023. É a data na que o Xulgado do  Social número 1 de Pontevedra citou a unha veciña da cidade para revisar unha petición de conciliación laboral que no seu traballo negáronlle. Para a data faltan un ano e nove meses, e, cando chegue o día, pasarían máis de dous anos desde o momento en que formalizou a demanda

Xulgados da Parda Mónica Patxot

Día 17 de xaneiro de 2023. É a data na que o Xulgado do Social número 1 de Pontevedra citou unha veciña da cidade para revisar unha petición de conciliación laboral que no seu traballo negáronlle. Para a data faltan un ano e nove meses, pero, cando chegue o día, pasarían máis de dous anos desde o momento en que formalizou a súa demanda, o decembro pasado.

Esta muller é familia monoparental e ten dúas fillas de 9 e 13 anos. Cando se celebre o xuízo, a máis nova xa estará preto dos 12 (cúmpreos en novembro), idade máxima na que lle concederían a conciliación. 

Esta veciña de Pontevedra é auxiliar de enfermería e traballa para a administración pública galega. Pediu aos responsables da institución na que traballa poder ter sempre quenda nocturna, pero rexeitaron a súa petición, de modo que en decembro de 2020 decidiu acudir á xudicial.

A sanitaria quixo denunciar a situación a través de PontevedraViva porque considera que a situación "no es justa", nin pola negativa da Consellería de Política Social, para a que traballa, a concederlle esta concreción horaria que lle permita traballar sempre en noite nin polo atraso do xulgado. "Non sei de quen é a culpa, pero non me parece normal", cuestiona

Esta auxiliar de enfermería pontevedresa nunca pedira medidas de conciliación e agora si o fixo porque o necesita, ten quenda rotatoria e non consegue conciliar as vidas familiar e laboral. Ademais, insiste en que o necesita agora e non dentro de dous anos.

En relación con este atraso na citación para o xuízo, indica que ten constancia dunha compañeira destinada nun centro de Ourense pediu a mesma medida e concedéronlla nun prazo dun mes. Ese período si lle parece razoable, pero non o seu. "Si una persona pide esta medida es porque lo necesita y eso no puede ser" critica.