O Concello de Sanxenxo informou dun accidente cunha persoa ferida na rotonda do Vinquiño, a saída da vía rápida que comunica a localidade co municipio veciño do Grove.
Segundo estas fontes oficiais, o sinistro produciuse cando un vehículo procedente da vía rápida saltouse o ceda e chocou contra un coche que circulaba pola rotonda.
Como resultado da colisión unha muller resultou ferida, presentaba mareos e indisposición.
Ao lugar do accidente acudiu a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.
Ademais o Concello de Sanxenxo tamén informou das retencións que se están a vivir ao longo deste xoves festivo na vía rápida.