Unha pantalla en Campolongo ofrecerá información meteorolóxica en tempo real

Pontevedra
05 de novembro 2019

A estación meteorolóxica de Campolongo amplía a información que ofrece á cidadanía a través do servizo de Meteogalicia. Será a través dunha pantalla LED que xa está instalada e que ofrecerá datos en tempo real sobre as condicións climáticas da cidade

Pantalla con información meteorolóxica en Campolongo Concello de Pontevedra

A estación meteorolóxica de Campolongo amplía a información que ofrece á cidadanía a través do servizo de Meteogalicia. Será a través dunha pantalla LED que xa está instalada e que ofrecerá datos en tempo real sobre as condicións climáticas da cidade.

Esta nova ferramenta ofrece datos meteorolóxicos como o tempo, o solpor, as lúas ou a calidade do aire, todos ofrecidos pola propia estación meteorolóxica.

A calidade do aire, a información máis novidosa que ofrecerá esta pantalla, mostrará os datos de partículas PM10, NO2 (dióxido de nitróxeno), SO2 (dióxido de xofre), CO (monóxido de carbono) e ozono, entre outros datos.

A pantalla foi instalada grazas á colaboración do Concello coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia e, segundo destaca o goberno municipal, vai na liña da campaña Efecto PO2 que unirá a acción climática de goberno nos vindeiros catro anos

O Concello colaborou coa ampliación do proxecto de Campolongo executando toda a obra civil, coa canalización e cimentación para a posterior colocación do mastro e da pantalla.