Unha muller, ferida nun choque de dous coches de madrugada en Ribadumia

O Salnés
11 de febreiro 2024

O accidente produciuse pasadas as 3.30 horas da madrugada na estrada VG-4.2, vía de alta capacidade que une a Autovía do Salnés con Cambados. A muller ferida foi trasladada ao Hospital do Salnés

Accidente na estrada VG-4.2 en Ribadumia Servizo de Emerxencias

Aparatoso accidente de circulación o ocorrido durante a madrugada deste domingo na estrada VG-4.2, vía de alta capacidade que comunica a Autovía do Salnés con Cambados.

Unha muller resultou ferida nun choque de dous vehículos que tivo lugar pasadas as 3.30 horas da madrugada.

Trátase dunha veciña de Cambados, de 27 anos, que segundo os servizos de emerxencia foi trasladada ao Hospital do Salnés referindo con dor cervical, torácico e lumbar. 

Pola súa banda o condutor do outro turismo resultou ileso.

Debido á colisión, que tivo lugar no quilómetros 2 da vía á altura de Ribadumia, o carril de circulación sentido Cambados permaneceu cortado durante aproximadamente tres horas, tempo que se necesitou para retirar os vehículos afectados e limpar a calzada.

No dispositivo de emerxencia participaron fectivos do Servizo de Emerxencias de Cambados, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, 061 e Protección Civil de Cambados.