O Hospital do Salnés rexistraba este sábado 31 de xullo unha nova vítima diagnosticada por coronavirus, segundo informa a Consellería de Sanidade. Trátase dunha muller de 92 anos, que contaba con outras enfermidades no seu historial médico.
Trátase da terceira vítima en menos de 48 horas que comunica o Servizo Galego de Saúde na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, despois de que faleceran unha muller e un home, de 88 anos, este venres no Hospital Montecelo.
A muller de 92 anos é a vítima número 185 con covid-19 desde que comezou, nesta zona das Rías Baixas, o plan de continxencia por parte das autoridades sanitarias. Durante ese mesmo tempo curáronse 15.929 pacientes, 181 máis que na xornada de onte.
Trátase da única vítima que se comunica este sábado en Galicia como consecuencia da pandemia. O número de falecementos en Galicia ascende a 2.461persoas e na comunidade autónoma recuperáronse 135.602 pacientes da enfermidade.