Unha muller de 74 anos, sexta vítima mortal da covid-19 en apenas dez días

Pontevedra
08 de decembro 2021

A sexta vaga da pandemia volveu a elevar a mortalidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Unha muller de 74 anos, que faleceu en Montecelo, converteuse na sexta vítima mortal que a covid-19 cobrou no últimos dez días

Persoal sanitario con traxe de protección covid nunha ambulancia PontevedraViva

A sexta vaga da pandemia volveu a elevar a mortalidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Unha muller de 74 anos, que faleceu en Montecelo, converteuse na sexta vítima mortal que a covid-19 cobrou no últimos dez días.

Este falecemento, segundo informou o Servizo Galego de Saúde, rexistrouse o pasado luns 6 de decembro. Esta muller padecía de patoloxías previas.

A súa é a morte número 211 na área sanitaria desde que comezou a pandemia.

Forma parte do tráxico balance das autoridades sanitarias que, nun mesmo día, comunicou oito vítimas mortais en toda Galicia, que acumula xa 2.690 falecidos.

Xunto á muller falecida en Pontevedra, Sanidade confirmou tres vítimas en Vigo, todos eles homes de 83, 76 e 45 anos; outras tres en Ferrol, homes de 84, 79 e 76 anos; e un sétimo home de 89 anos no hospital de Monforte.