Unha muller de 71 anos falecida o luns no Hospital Montecelo eleva a 178 as vítimas mortais da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O Servizo Galego de Saúde confirmou o falecemento este martes, aínda que xa se producira o día anterior. Trátase dunha paciente que tiña patoloxías previas ao diagnóstico da covid-19.
Esta falecida é a única morte por coronavirus confirmada este martes polo Sergas en toda Galicia.
VACINACIÓN
Fontes oficiais do Sergas confirmaron que para este mércores 26 de maio hai previsión de vacinar na área sanitaria un total de 2.400 persoas.
Recibirán a vacina fronte á covid-19 un total de 2.000 persoas no recinto feiral de Pontevedra e 400 no recinto feiral Fexdega de Vilagarcía.
As vacinacións serán todas en horario de mañá a persoas menores de 60 anos que van recibir a primeira dose de Pfizer.