Unha muller de 102 años, vítima 175 da pandemia na área sanitaria, falece no Hospital do Salnés

O Salnés
14 de maio 2021

Por segundo día consecutivo, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou un falecemento como consecuencia da covid-19. Neste caso, trátase dunha muller de 102 anos que, segundo informou o Servizo Galego de Saúde, faleceu no Hospital do Salnés

Hospital do Salnés Cristina Saiz

Por segundo día consecutivo, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou un falecemento como consecuencia da covid-19. Neste caso, trátase dunha muller de 102 anos que, segundo informou o Servizo Galego de Saúde, faleceu no Hospital do Salnés.

A muller, que segundo as autoridades sanitarias morreu este venres, tiña patoloxías previas.

Con este novo deceso, son xa 175 pacientes os que faleceron vítimas da pandemia na área sanitaria. O anterior, un home de 85 anos que morreu onte en Montecelo.

Sanidade confirmou ademais unha segunda morte en Galicia, neste caso rexistrada onte. É un home de 68 anos que faleceu no Hospital Nosa Señora de Fátima, en Vigo.

Desde que comezou a pandemia, 2.401 persoas morreron en Galicia por covid-19.