Unha marcha lembrará o venres 30 de agosto que Sonia Iglesias desapareceu hai nove anos

Pontevedra
15 de agosto 2019

Será a partir das 21.30 horas, con saída e chegada na praza da Ferrería e discorrendo polas rúas do centro con parada na tenda de Massimo Dutti na rúa Benito Corbal, na que traballaba esta muller

Manifestación polos oito anos da desaparición de Sonia Iglesias Diego Torrado

A pontevedresa Sonia Iglesias desapareceu o 18 de agosto de 2010. A súa familia solicitou permiso para convocar unha manifestación no seu recordo o vindeiro venres 30 de agosto.

Segundo informa Faro de Vigo, será a partir das 21.30 horas, con saída e chegada na praza da Ferrería e discorrendo polas rúas do centro con parada na tenda de Massimo Dutti na rúa Benito Corbal, na que traballaba esta muller.

Cumpriranse nove anos sen respostas nin avances policiais nunha investigación cuxa causa está arquivada provisionalmente pola Xustiza.

Sonia Iglesias tiña 37 anos cando desapareceu. A súa pista pérdese tras saír dunha zapatería do centro de Pontevedra onde a levaba Julio Araújo, o pai do seu fillo e de quen anunciara a súa intención de separarse. Este home foi o único sospeitoso neste caso e chegou a estar imputado.

 

Arquivado en