Unha manifestación lembrará a desaparición de Sonia Iglesias hai oito anos

Pontevedra
22 de agosto 2018

Será o venres 24, ás 21.30 horas, e partirá da Praza da Ferrería en dirección á Praza da Peregrina, e a continuación percorrerá as rúas de Benito Corbal, Daniel da Sota, Castelao, Sagasta, Joaquín Costa, Branco Porto e Benito Corbal, para terminar de novo na Ferrería

Manifestación en recordo de Sonia Iglesias polo quinto aniversario da súa desaparición Mónica Patxot

A familia, os amigos e os compañeiros de traballo de Sonia Iglesias Eirín chaman a todos os cidadáns que o que desexen a participar na manifestación convocada para o vindeiro venres 24, con motivo do cumprimento dos oito anos da desaparición da moza pontevedresa o 18 de agosto de 2010.

Baixo o lema "Oito anos sen Sonia", a manifestación partirá ás 21:30 horas da Praza da Ferrería de Pontevedra en dirección á Praza da Peregrina, e a continuación percorrerá as rúas de Benito Corbal, Daniel da Sota, Castelao, Sagasta, Joaquín Costa, Branco Porto e Benito Corbal, para terminar de novo na Praza da Ferrería.

Esta mobilización persegue manter o caso vivo. Desde logo a sociedade pontevedresa nunca se esqueceu de Sonia Iglesias e os responsables policiais aseguran que seguen investigando e que ten a un equipo traballando case en exclusiva neste caso. Incluso o fiscal xefe da provincia, Juan Carlos Aladro, confirmou que a Policía Nacional segue abrindo novas liñas de investigación que esperan que poidan dar resultado.

Con todo a nivel xudicial as pescudas volveron ser arquivadas en xuño á espera de novas probas.

 

Arquivado en