Unha gala con Manel Loureiro como presentador para entregar os Premios AJE 2023

Marín
20 de novembro 2023

A Escola Naval Militar de Marín será escenario o vindeiro venres 24 de novembro da cerimonia de entrega dos premios que outorga a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE)

Manel Loureiro presentará a gala dos Premios AJE 2023 Concello de Marín

A Escola Naval Militar de Marín será escenario o vindeiro venres 24 de novembro da cerimonia de entrega dos Premios AJE, que outorga a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).

Será a partir das 20.00 horas da tarde e co escritor Manel Loureiro como mestre de cerimonias, segundo desvelaron este luns a presidenta da asociación, María Buceta, e a concelleira marinense Beatriz Rodríguez nun acto celebrado no Espazo Emprendendor de Innovación Alimentaria. 

"Desde o minuto uno, Manel mostrounos toda a ilusión e compromiso por este proxecto”, asegura Buceta sobre a entrega duns premios nos que se recibiron 15 propostas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial e 10 para o Premio Mellor Empresario do ano.

Loureiro mostrouse encantado de poder colaborar na iniciativa "para demostrar ese pull emprendedor que temos na provincia"

Pola súa banda a edil Beatriz Rodríguez defendeu a importancia de que o premio honorífico da gala sexa entregado a Nodosa, "unha empresa do noso porto que é referencia no seu sector".