Unha de cada tres intervencións dos bombeiros en 2022 foi en incendios

Pontevedra
26 de marzo 2023

Case seiscentas intervencións realizaron os membros do servizo municipal de extinción de incendios e salvamento de Pontevedra durante o ano 2022. Así o indica a memoria dos bombeiros, que recolle concretamente 593 actuacións. Son 189 máis que o ano anterior

Intervención dos bombeiros nas oficinas do Concello de Pontevedra PontevedraViva

Case seiscentas intervencións realizaron os membros do servizo municipal de extinción de incendios e salvamento de Pontevedra durante o ano 2022. Así o indica a memoria dos bombeiros, que recolle concretamente 593 actuacións. Son 189 máis que o ano anterior.

Os incendios (176) recuperar a primeira posición en canto a número de intervencións, superando aos operativos despregados pola presenza de avespas velutinas (142), que foran a principal área de traballo en 2021.

En concreto, os bombeiros de Pontevedra actuaron en sesenta lumes urbanos, quince incendios de vehículos, 17 incendios forestais ou en 52 sinistros de tipoloxías variadas, entre elas, contedores ou diverso mobiliario urbano.

Ademais, o servizo realizou 32 intervencións relacionadas con incendios industriais, aínda que a práctica totalidade correspóndense cun único suceso, o incendio das naves de Pontesa, cuxas labores de extinción prolongáronse durante máis de tres semanas.

As chamadas pola presenza de velutinas, pola súa banda, supuxeron a retirada de 20 niños, a inspección doutros 53 e a inspección e tratamento de 69 máis, segundo reflicte o resumo do traballo dos bombeiros pontevedreses durante 2022.

A terceira tarefa máis importante dos bombeiros ao longo do pasado ano foron os rescates. Fixeron 45 saídas para este labor, das cales 35 foron no ámbito urbano e un o natural. Ademais, houbo nove acuáticos, a maior parte polo piragüista desaparecido no Lérez.

Con respecto á atención a accidentes de tráfico, houbo 19 intervencións en 2022, das cales 13 foron sinistros con persoas atrapadas, outros dous con feridos e catro sen eles.

O resto das outras 211 actuacións dos bombeiros, que a memoria do servizo agrupa na categoría doutros, engloba caída de árbores, carteis, farois ou lousas, intentos de suicidio, rescate de animais, saneamento de fachadas, fugas de gas, auxilio a persoas maiores, inundacións ou os servizos en festas e eventos.

A memoria dos bombeiros recolle ademais as intervencións que este servizo realizou fóra do termo municipal de Pontevedra. 

Foron catorce durante o ano 2022. Catro delas foron a Poio por incendios e accidentes de tráfico e outras catro a Vilaboa, todas por sinistros de circulación. Atenderon tres incendios en Marín, un accidente de tráfico en Barro e Cerdedo-Cotobade e un incendio forestal en Caldas.