Unha concentración de universitarios reclama o fin do masacre en Palestina

Pontevedra
15 de maio 2024

O campus de Pontevedra secundou a convocatoria de concentracións estudantís simultáneas nas tres universidades galegas, organizada polo colectivo Erguer. Estudantes da Galiza para reivindicar o fin da guerra e unha "Palestina libre"

Protesta estudiantil Erguer

O campus de Pontevedra secundou a convocatoria de concentracións estudantís simultáneas nas tres universidades galegas, organizada polo colectivo Erguer. Estudantes da Galiza para reivindicar o fin da guerra e unha "Palestina libre".

A través das súas redes sociais Erguer manifestaba que "mantémonos firmes na denuncia do xenocidio do pobo palestino e contra o sionismo, impulsando e apoiando novas convocatorias en todo o país. Non podemos ficar caladas e inmóbiles".

Igualmente, este colectivo estudantil pedía a implicación das propias institucións académicas.

"Demandamos ás tres universidades galegas que se posicionen en favor dun alto ao fogo inmediato e permanente e da fin das agresións israelís contra o pobo palestino" así como que "denuncien de maneira clara a destrución das universidades palestinas na franxa de Gaza así como os ataques contra a súa comunidade universitaria".

Por último reclaman tamén "o recoñecemento do Estado Palestino".