Unha colisión múltiple entre tres vehículos deixa seis feridos en Vilaboa

Vilaboa
04 de agosto 2024

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, tiveron constancia do accidente sobre as 22:00 horas Como consecuencia da colisión, os turismos quedaron entorpecendo a circulación pola vía. A Garda Civil confirmou que había un total de seis feridos, aínda que todos de carácter leve.

Ambulancia 061 Mónica Patxot

Seis persoas resultaron feridas de carácter leve na noite deste sábado nun accidente rexistrado na estrada N-554 en Vilaboa.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, tiveron constancia do accidente sobre as 22:00 horas.

Como consecuencia da colisión, os  b quedaron entorpecendo a circulación pola vía.

Os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo e de Pontevedra, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilaboa.

A Garda Civil confirmou que había un total de seis feridos, aínda que todos de carácter leve.