Unha charla no centro Patelas de Cuntis para previr o dano cerebral

Umia
02 de abril 2022

O auditorio do centro sociocultural Patelas de Cuntis acollerá este mércores día 6 de abril unha charla sobre a prevención do dano cerebral. O acto terá lugar a partir das 11:30 horas e será impartido por unha técnica da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace)

Charla sobre a prevención do dano cerebral Concello de Cuntis

O auditorio do centro sociocultural Patelas de Cuntis acollerá este mércores día 6 de abril unha charla sobre a prevención do dano cerebral. O acto terá lugar a partir das 11:30 horas e será impartido por unha técnica da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace).

Con esta charla, Fegadace busca dar a coñecer a realidade das persoas con este tipo de diagnóstico á vez que ofrecerán algunhas claves para previr esta discapacidade que padecen máis de 35.000 persoas en toda Galicia e que, na maioría dos casos, é algo que pode preverse: o ictus está detrás do 78% do casos, sendo os accidentes de tráfico a segunda causa xeneradora de incapacidades derivadas destas lesións cerebrais.

A traballadora social da Federación, encargada de impartir a charla, falará tamén do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, en concordancia polo acordado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso e centrándose especialmente no recurso asociativos máis próximo ao municipio de Cuntis.

A asistencia, segundo avanzou a organización, será libre, aínda que recomendan inscribirse a través do número de teléfono 986 185 468.