Unha canción de amor para ENCE

Pontevedra
01 de febreiro 2016

"Love theme from ENCE" é unha adaptación do famoso tema de amor da película O Padriño. Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde, dedícanlle este tema de amor á fábrica de celulosa tras a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de prorrogar durante 60 anos máis a concesión dos terreos nos que se sitúa en Lourizán

Os Poetarras dedican unha canción para ENCE

O grupo Poetarras acaba de compoñer a canción "Love theme from ENCE" unha adaptación do famoso tema de amor da película O Padriño, que publicou nun vídeo subido a Youtube.

Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde, dedícanlle este tema de amor á fábrica de celulosa tras a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de prorrogar durante 60 anos máis a concesión dos terreos nos que se sitúa en Lourizán.

Os Poetarras entran de cheo na polémica decisión que mobilizou o pasado venres a miles de cidadáns.

O vídeo foi gravado dentro dun vehículo aparcado en Lourizán fronte á empresa papeleira.

 

Letra:

Estou sentindo o seu perfume embriagador
coa forza dun olfato de mariscador
esta mañá non me duchei
pero esa nube disimula o meu olor
o medio ambiente respira mellor
aforro en auga e en desodor

 

...ante. É que senón non rimaba. Desodor-ante.

 

A xente sempre cae na esaxeración
é falso que provoque contaminación
a quen vas crer? á poboación?
ou aos do seu Consello de Administración

 

Pois mira, por aquí pódense plantar uns alcolitos porque total non hai moitos por Galicia, non? E logo aproveitas e véndeslle a madeira e págancha moi ben porque creo que a pagan a 30 euros a tonelada que é un prezo magnífico e de paso pois contribúes á reforestación dos nosos bosques.

 

Non agradecen a decisión
de prorrogar a concesión

 

Sesenta anos ata nova solución
quizais aínda nos gobernen en funcións
dende Madrit fan un favor
cargando eles con la fiscalización

Arquivado en