Unha árbore cónica de 20 metros de altura ilumina xa o Nadal 2019

Pontevedra
05 de decembro 2019

O Concello ilumina este ano 67 rúas do centro histórico e de diferentes espazos da cidade. A árbore da Ferrería confeccionouse en exclusiva para Pontevedra e está acompañaa por outros de 7 metros de altura na praza do Hospital, en Méndez Núñez e unha estrutura cónica de 10 metros en Curros Enríquez

Inauguración da iluminación de Nadal 2019 Cristina Saiz

Ás 18.00 horas acendíase a iluminación das festas de Nadal de Pontevedra. O acto principal realizábase na praza da Ferrería precedido cun espectáculo aéreo. A continuación, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores coa concelleira de Festas, Carme da Silva, encargáronse de realizar o acto protocolario do acendido das luces.

A iluminación prolóngase por 67 rúas e contará con elementos decorativos como bolas xigantes, catro árbores de Nadal e diferentes sorpresas. A praza da Ferrería conta tamén cunhas casetas infantís para o adestramento e xogo dos máis pequenos. Creáronse dous espazos de fotografía: o banco que xa se instalaba en 2018 e un escenario que servirá de postal como fondo para unha sesión de photocall. Durante a presentación actuou un trapecista e soltáronse globos xigantes.

A árbore da Ferrería mide 20 metros e confeccionouse en exclusiva para Pontevedra. Tamén se instalarán árbores lumínicos na praza do Hospital e na praza de Méndez Núñez, ámbolos de 7 metros de altura. Na praza de Curros Enríquez posiciónase unha estrutura cónica de 10 metros.

O Concello de Pontevedra anuncia que a iluminación de Nadal espállase á urbanización de Monte Porreiro, Ponte Sampaio e Estribela; ademais de iluminarse edificios como o Teatro Principal, o Pazo da Cultura, a Casa Consistorial e o actual edificio do Concello en Michelena 30.

A esta iluminación se lle sumará un programa de actividades a partir do 14 de decembro con música, xogos e figuras de apalpador e apalpadora xigantes. As actividades en barrios e parroquias presentaranse nos centros sociais a través das asociacións veciñais.

Toda a programación rematará o 5 de xaneiro coa Cabalgata dos Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro.