Unha alternativa sostible e segura aos fogos artificiais con selo pontevedrés

Pontevedra
27 de agosto 2023

Entre os emprendementos seleccionados para participar na edición do décimo aniversario do Pont-Up Store o próximo setembro en Pontevedra, está a iniciativa da empresa Luxsit, gañadora do Concurso de Proxectos Emprendedores Inspiro co seu espectáculo de luces con drons que pode supoñer un adeus aos fogos artificiais de pólvora  

Espectáculo con drons en Xixón David Álvarez López

Entre os emprendementos seleccionados para participar na edición do décimo aniversario do Pont-Up Store o próximo setembro en Pontevedra, está a iniciativa da empresa Luxsit, gañadora do Concurso de Proxectos Emprendedores Inspiro co seu espectáculo de luces con drons que pode supoñer un adeus aos fogos artificiais de pólvora.

Luxsit, unha iniciativa de Gabriel Alejandro Pérez Salas, Lucas Hermida Pena e Santiago Alberto Currais Martínez, tres estudantes do Grao de Enxeñería Aeroespacial da Universidade de Vigo que propoñen espectáculos de luces con drons como unha alternativa innovadora e respectuosa co medio ambiente aos tradicionais fogos artificiais.

Os drons ofrecen novas posibilidades para os espectáculos de luz. O seu control preciso, xunto coa capacidade de crear formas e patróns no ceo, permiten espectáculos máis seguros e menos contaminantes que os fogos artificiais. Ademais, a posibilidade de sincronizar estes aparellos con música ou narrativa permite un nivel de personalización e creatividade sen precedentes.

"Combinamos a nosa experiencia en tecnoloxía, enxeñería e produción de eventos para crear un produto único no mercado dos espectáculos en vivo", explican os creadores. 

En total, van participar na feira de emprendemento pontevedresa 33 startups galegas.