Un veciño de Ribadumia, condutor dun camión que transportaba polos, dá positivo en drogas tras sufrir un accidente en Silleda

O Salnés
16 de maio 2023

Segundo informa a Garda Civil, o condutor resultou negativo na proba de alcol pero si deu positivo por THC no test indiciario de drogas. O accidente tivo lugar o pasado venres 12 de maio na N-640

Camión de transporte de polos accidentado en Silleda Guardia Civil

Unha sanción por infracción moi grave de 1.000 euros e a retirada de seis puntos do seu carné de conducir.

É ao que se expón o condutor dun camión que transportaba polos e que se accidentou o pasado venres 12 de maio na estrada N-640 ao seu paso por Silleda, tras dar positivo no test de drogas.

Segundo forma a Garda Civil o home, un veciño de Ribadumia de 54 anos de idade, deu negativo no test de alcoholemia, pero foi positivo por THC na proba de drogas, pendente agora de confirmación polo laboratorio pertinente.

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Lalín foi a encargada de atender a incidencia, sinalando que tras a súa chegada, co camión envorcado, o condutor manifestou atoparse perfectamente sen sufrir ningunha lesión nin precisar asistencia médica. 

Foi nese momento cando se lle realizaron as probas correspondentes co resultado positivo no test indiciario de drogas.

Ao lugar tivo que desprazarse outro camión para realizar o transvasamento dos animais antes da retirada do vehículo accidentado e de restablecerse a circulación.

O condutor foi denunciado administrativamente.