Un tribunal popular xulgará o crime de Moraña na Audiencia do 4 ao 6 de xullo

Pontevedra
23 de marzo 2017

David Oubel está en prisión provisional desde o 1 de agosto de 2015 e actualmente atópase nunha prisión de máxima seguridade de León. Alí permanecerá nas próximas semanas, pero nas datas previas ao xuízo será traslado ao centro penal da Lama para que sexa máis operativa a súa asistencia ao xuízo    

David Oubel saíndo dos xulgados de Caldas de Reis Mónica Patxot

A Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra fixou para dentro de tres meses e medio o xuízo contra David Oubel Renedo como único acusado do dobre parricidio das súas fillas de 4 e 9 anos en Moraña. A vista oral, que se celebrará cun xurado, fixouse para os días 4, 5 e 6 de xullo, segundo confirmou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). 

David Oubel está en prisión provisional desde o 1 de agosto de 2015 e actualmente atópase nunha prisión de máxima seguridade de León. Alí permanecerá nas próximas semanas, pero nas datas previas ao xuízo será traslado ao centro penal da Lama para que sexa máis operativa a súa asistencia ao xuízo

O xurado deberá decidir se Oubel cometeu dous delitos de asasinato con aleivosía agravados polo feito de que as vítimas son menores, tal e como sosteñen a Fiscalía e a acusación particular. As acusacións consideran que no seu caso concorre a circunstancia agravante de parentesco e piden que sexa condenado á pena de prisión permanente revisable, converténdoo no primeiro caso en España o que se aplicaría esta condena recollida na última reforma do Código penal.

O escrito de acusación do fiscal sostén que matou a Amaia (4 anos) e Candela (9) con crueldade utilizando unha radial e antes de facelo drogounas "coa finalidade de evitar calquera posibilidade de defensa ou de fuxida das menores". En concreto, fíxolles inxerir un cóctel de medicamentos a base de benzodiazepinas e relaxantes musculares "nordiazepam, oxazepam e tizanidina" para "adormentalas ou polo menos lograr que estivesen cun nivel baixo de conciencia". 

Actuou, segundo o fiscal, "con evidente ánimo de acabar coa súa vida" e cando ambas estaban nas súas respectivas habitacións. Primeiro dirixiuse á súa filla menor, que presentaba un baixo nivel de consciencia polo efecto dos fármacos inxeridos momentos antes, e causoulle varios cortes profundos no pescozo cunha radial e un coitelo.

O fiscal pide que se lle aplique a prisión permanente revisable e tamén que se lle impoñan a prohibición de aproximarse á súa exmujer e nai das falecidas ou comunicarse con ela por calquera medio -verbal, escrito, postal, telefónico, telegráfico, telemático ou informático- durante 30 anos. Tamén pide que sexa condenado a indemnizala con 245.000 euros.

Arquivado en