Un torneo de Super Smash Bros. Ultimate para dar a benvida a Gaming Troop

Pontevedra
06 de abril 2023

A sede da nova asociación pontevedresa de videoxogos, Gaming Troop, acollerá este vindeiro sábado 8 de abril un evento competitivo que xirará ao redor do título de Nintendo Super Smash Bros. Ultimate. A xornada de competición, organizada coa colaboración do Concello de Pontevedra, empezará a partir das 12.00 horas 

Torneo de Super Smash Bros. Ultimate na sede de Gaming Troop

A sede da nova asociación pontevedresa de videoxogos, Gaming Troop, acollerá este vindeiro sábado 8 de abril un evento competitivo que xirará ao redor do título de Nintendo Super Smash Bros. Ultimate.

A xornada de competición, organizada coa colaboración do Concello de Pontevedra, empezará a partir das 12.00 horas do mediodía.

Cun pot bonus de 300 euros e un número de xogadores altamente capacitados que supera os 50 participantes, este evento reunirá os mellores xogadores da saga de Nintendo nunha emocionante competición polo primeiro posto

O torneo permitirá que os asistentes vexan de primeira man a habilidade e destreza dos expertos xogadores no popular xogo de loita, o máis popular do mundo e o máis coñecido da consola Nintendo Switch.

Ademais do torneo de Smash, tamén se poderá gozar do videoxogo de realidade virtual Beat Saber no que se poderá competir por ser o mellor xogador rítmico.