Un repunte nos casos en Ponte Caldelas e Soutomaior fai que ambos superen a 'liña vermella'

Pontevedra
27 de febreiro 2021

Dous municipios da área sanitaria experimentaron un preocupante aumento dos casos detectados nos últimos 14 días. Trátase de Ponte Caldelas e Soutomaior que superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes. De non rebaixar ese limiar pronto, as autoridades poderían endurecer as restricións en ambos

Cribado de covid-19 en Ponte Caldelas Servizo Galego de Saúde

Dous municipios da área sanitaria experimentaron un preocupante aumento dos casos detectados nos últimos 14 días. Trátase de Ponte Caldelas e Soutomaior que, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde, superan os 500 casos por cada 100.000 habitantes.

De non rebaixar ese limiar pronto, as autoridades poderían endurecer as restricións en ambos.

Preto de Ponte Caldelas (26 casos, cinco menos) e de Soutomaior (47 casos, sen cambios) sitúase tamén A Lama (10 casos, un menos), onde a incidencia excede os 450 e non logra rebaixar a presión que exercer os seus positivos.

Outros seis concellos, Vilanova de Arousa (44 casos, un máis), Vilaboa, Cambados (46 casos, tres máis), Marín (86 casos, seis menos), Meis (12 casos, cinco menos) e Catoira seguen cunha incidencia superior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes.

Con respecto á cidade de Pontevedra, de novo experimentou un lixeiro aumento da incidencia, ata os 186, como demostran os rexistros de Sanidade. Ten 190 casos activos, seis menos que onte.

Nun nivel similar a Pontevedra, entre 150 e 250 de incidencia, móvense Cuntis (12 casos, sen cambios), Sanxenxo (41 casos, sete menos), Vilagarcía de Arousa (85 casos, cinco menos), Moraña (9 casos, sen cambios), Campo Lameiro (3 casos, sin cambios), A Illa de Arousa (8 casos, un menos) e Meaño (11 casos, un menos).

Algo máis relaxada está a situación en Poio (43 casos, oito menos), O Grove, Caldas de Reis, Ribadumia (5 casos, dous menos), Barro (6 casos, dous menos) e Cerdedo-Cotobade (10 casos, un menos), cuxos niveis non superan os 150, o que lles sitúa entre os municipios que actualmente teñen unha menor incidencia do virus.

Entre estes últimos destacan dous, Forcarei e Portas, que son os únicos en 'zona verde', é dicir, que teñen unha incidencia acumulada a 14 días por baixo dos 50 casos por cada 100.000 habitantes. Portas, además, no registra ningún caso activo frente a los 2 que tenía ayer.

A incidencia acumulada a 14 días de cada municipio, a partir dos datos proporcionados polo Servizo Galego de Saúde, pode consultarse no mapa que acompaña a esta información.