Un representante do Senado mexicano visita Pontevedra antes da misión comercial

Pontevedra
16 de xuño 2017

O político mexicano coñecerá o modelo de cidade que a delegación de Pontevedra exporá no Senado mexicano a finais de agosto, coincidindo coa viaxe institucional e comercial que está a organizar para asistir á feira Expo-Pymes e participar nunha relatorio sobre o modelo de cidade no Instituto Tecnolóxico Autónomo de México (ITAM)

O secretario da comisión de desenvolvemento urbano do Senado de México, Fernando Cota Acuña Gobierno de Chihuahua

O secretario da comisión de desenvolvemento urbano do Senado de México, Fernando Cota Acuña, manterá o próximo martes 20 de xuño un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no marco da visita que realizará á Boa Vila.

O político mexicano coñecerá o modelo de cidade que a delegación de Pontevedra exporá no Senado mexicano a finais de agosto, coincidindo coa viaxe institucional e comercial que está a organizar para asistir á feira Expo-Pymes e participar nunha relatorio sobre o modelo de cidade no Instituto Tecnolóxico Autónomo de México (ITAM).

Foi o propio representante do Senado mexicano o que se puxo en contacto co Concello de Pontevedra, cando coñeceu a noticia de que a cidade do Lérez estaría en Cidade de México para participar na conferencia no ITAM.

Dende o Senado mexicano se quere coñecer o modelo de desenvolvemento urbano de Pontevedra, especialmente no tocante a creación dunha cidade con preferencia peonil, sustentada en pequenas e medianas empresas e poñendo no centro da súa actuación o medio ambiente urbano.

Fernando Cota, na comunicación previa, explica que Pontevedra pode ser un modelo a seguir para moitas cidades mexicanas que, nestes momentos, se atopan rehabilitando os seus centros históricos.

Arquivado en