Un recordo de John Balan e actuacións musicais para celebrar os doce anos do Son de Marín

Marín
30 de xullo 2024

A música de Marín e de arredores soará con toda a súa potencia esta fin de semana polas rúas  e prazas grazas á celebración, por duodécimo ano consecutivo, do Son de Marín, que foi presentado este martes na Alameda Rosalía de Castro

Presentación do Son de Marín Concello de Marín

A música de Marín e de arredores soará con toda a súa potencia esta fin de semana polas rúas e prazas grazas á celebración, por duodécimo ano consecutivo, do Son de Marín, que foi presentado este martes na Alameda Rosalía de Castro.

A programación do evento musical de ADN marinense arrancará o xoves, 1 de agosto, a partir das 19.00 horas coa tradicional ofrenda floral no Cemiterio de Santo Tomé de Piñeiro na memoria de John Balan, acompañado polo grupo Os de Marín. Balan foi e sempre será unha figura relevante da historia musical marinense e o seu legado trátase de preservar con momentos de recuperación da súa memoria, como sempre fixo o Son de Marín.

Xa o venres, a programación comezará ás 21.30 horas co Concerto Marín Canta, dos Saljariter@s, na Alameda. Neste caso, a mención especial que quere facer o grupo de cantos de taberna vai dirixida a Amijos e Vesiños de Cantodarea "pola súa traxectorial na promoción cultural do noso concello", tal e como explicaron na presentación.

O sábado a partir das 11.00 horas empezarán os pasacalles con Cantareiras de Marín (Praza de Abastos - Doutor Touriño - Ejército y Marina - Rúa do Sol), cos Zumby Kids (Praza de Abastos - Praza do Klee - Rúa do Sol - Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos - Doutor Touriño - Ejército y Marina - Rúa do Sol), Os Chaneiros (Ezequiel Massoni - Jaime Janer) e a Batucada Axé Bahía (A Cañota - Cantodarea - Avenida de Ourense).

Durante toda a xornada, haberá actuacións en distintos puntos de Marín. Así, ás 11 serán as Pandereteiras Airiños de San Xulián, na Banda do Río (Underground); ás 12 da mañá Fentos e Frouma, na Avenida de Ourense (C.C. Morrazo); a Banda de Música de Marín, no Fondo do Saco; As Ferriñas, na Rúa Lameira (Cortijo); Marín In Verso, na Praza da Veiguiña; Take Three, no Palco da Música da Alameda; a Escola Pandereteira de Trompos Os Pés, na Rúa Lameira (Cortijo); a Coral Lembranzas e Antonio Peixoto e a súa armónica, na Praza 8 de Marzo.

Ás 20.30 horas, terá lugar a homenaxe a John Balan. Presentado por Julio Santos Pena e coa mención especial a Airiños de San Xulián, na Alameda.

Xa ás 21 horas, actuará Bela e Charlo versións, en Méndez Núñez (Manhattan - Pato Donald); ás 21.30 horas, soará a música da Orquestra Cé Pantasma, na Alameda Rosalía de Castro; ás 22 horas, será Sr. Nilsson Band versións, en Ezquiel Massoni (O Rural - Nao); e ás 22.30 horas, actuará Four Passengers, na Estrada (Rincón de Juansito); Ricardo Parada versións, en Méndez Núñez (detrás do Concello); Cuestión de tiempo versións, na Rúa Real. Por último, ás 00.30 horas o DJ Jorge Álvarez porá música na Alameda.