Un veciño de Pontevedra de 33 anos figura como investigado nunha operación desenvolvida pola Garda Civil de Cangas por delitos contra a saúde pública, estafa e furto.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil de Pontevedra, foron detidas dúas mulleres e investigados dous homes, un deles de Pontevedra. Todos son da mesma familia.
As dúas mulleres detidas, 45 e 22 anos, son nai e filla e veciñas de Vigo e Cangas. O segundo home investigado ten 40 anos e é veciños de Vigo.
A investigación iniciouse por mor dunha denuncia dun veciño de Cangas que solicitou servizos sexuais dunha moza a través dunha páxina da internet.
Tras contratar estes servizos, presentáronse no seu domicilio dúas mulleres, quen, supostamente déronlle algún tipo de substancia psicotrópica e alcol e, segundo consta na denuncia, anuláronlle a súa vontade.
Atopándose nestas circunstancia, segundo denuncia, acudiu a un caixeiro automático acompañado por unha dela e retirou varias cantidades de diñeiro. Ademais, realizou varios pagos vía bizum, chegando a pagar uns 4.000 euros.
Ademais, subtraéronlle diñeiro en efectivo e outros obxectos do domicilio.
Tras as pescudas realizadas polo Equipo EBIO da Garda Civil de Cangas, estas dúas persoas foron detidas e dous homes figuran como investigación dos dous homes.
O xulgado de garda de Cangas o seu decretou a súa posta en liberdade.