Axentes da Policía Nacional da comisaría local de Vilagarcía de Arousa detiña durante as últimas xornadas a catro veciños do municipio por un delito de tráfico de drogas. Trátase de catro homes que foron interceptados nos dispositivos establecidos cando estaban a realizar transaccións de droga en plena vía pública, segundo informan desde a Comisaría Provincial.
Esta intervención se encadra dentro das múltiples accións que leva a cabo a Policía en Vilagarcía para controlar a venda ao por menor e pequeno tráfico de substancias estupefacientes co obxectivo de erradicar os puntos negros de venda de drogas coa trasfega permanente de consumidores que acoden a esas zonas.
Entre os catro homes detidos atópanse un pai e un fillo, que foron sorprendidos in fraganti cando vendían cocaína a drogodependentes que acoden a diario ao centro de atención, onde se lles fornece metadona como parte do tratamento para deshabituarse do consumo de substancias estupefacientes.
Nesta intervención, os axentes incautáronse de varias papelinas de cocaína e heroína, ademais de diñeiro en efectivo derivado da venda das substancias.