Un octoxenario que circulaba en ciclomotor resulta ferido nun accidente en Cambados

O Salnés
25 de abril 2024

O piloto, de 83 anos, veciño de Vilanova de Arousa, tivo que ser evacuado polo 061 ata o Hospital do Salnés coa posibilidade de fractura do brazo esquerdo, dor cervical e lumbar. 

O turismo co que se producía o impacto do ciclomotor Servizo de Emerxencias

Un home de 83 anos que circulaba nun ciclomotor pola avenida de Vilagarcía resultaba ferido nun impacto cun turismo na mañá deste xoves 25 no tramo que continúa ao superar a rotonda de Cambados.

Ata o lugar desprazábanse integrantes do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados para atender as persoas implicadas.

O piloto, veciño de Vilanova de Arousa, era evacuado polo 061 ao Hospital do Salnés cunha posible fractura do brazo esquerdo, dor cervical e lumbar.

Tamén colaboraron na intervención axentes da Policía Local de Cambados.

INCENDIO

Tamén se rexistraba esta mañá un incendio urbano na Rúa San Francisco de Cambados nunha vivenda particular.

Axentes da Policía Local lograban sufocar o lume cun extintor e procederon á ventilación.

Ata a zona desprazábase o servizo de Emerxencias de Cambados, Bombeiros do Salnés e unha ambulancia do 061.