Un novo pulo para emprendedores e empresas, chega o "Verea 2"

Pontevedra
01 de febreiro 2017

Xa está aberto o prazo de inscripción para participar neste asesoramento de febreiro a maio en sesións de traballo individuais e grupais, talleres e networking, co obxectivo é establecer contacto con outras empresas para crear redes en forma de colaboradores, clientes ou empresas provedoras, ao tempo que se melloran as habilidades sociais e de comunicación no aprendizaxe

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica e da Cidade Mónica Patxot

A Concellaría de Promoción da Cidade presentou a segunda edición do Plan Verea, pensado para axudar ás empresas e ás persoas emprendedoras nos seus proxectos empresariais.

Segundo explicou a concelleira Anabel Gulías, o Verea é un proxecto que quere que o entramado empresarial pontevedrés aumente o seu potencial, por exemplo, en innovación e competitividade.

Este mércores fíxose balance da primeira edición deste programa municipal no que traballaron vinte empresas durante o ano 2016. Anabel Gulías destacou que "18 empresas cumpriron as expectativas e obxectivos que elas mesmas se marcaron", xa que este é un programa profesionalizado "á medida do usuario".

Ademais acadouse un 22% de incremento dos postos de traballo entre as empresas participantes e un 60% de aumento do seu volume de negocio.

A coordinadora do Plan Verea é Mariem Filgueira Pérez que traballará con estas empresas na reformulación da idea de negocio, mellorar a imaxe dixital, abrir novos canles de comercialización, analizar os custos, facer plans de acción estratéxicos ou mellorar a organización interna.

A clave desde proxecto é o "traballo personalizado para cada necesidade".

Xa está aberto o prazo de inscripción para participar neste asesoramento de febreiro a maio en sesións de traballo individuais e grupais, talleres e networking, co obxectivo é establecer contacto con outras empresas para crear redes en forma de colaboradores, clientes ou empresas provedoras, ao tempo que se melloran as habilidades sociais e de comunicación no aprendizaxe.

O Plan Verea é financiado na súa totalidade pola Concellaría da Promoción da Cidade, que destina 15.000 euros.