Un novo pediatra prestará servizo compartido na Lama e Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
17 de novembro 2023

O xerente da área sanitaria, José Flores, sinalou este venres ao alcalde David Carrera que próximamente incorporaráse unha praza de pediatría compartida que prestará servizo ao centro de saúde de A Lama e ao centro de Atención Primaria do Concello de Ponte Caldelas

Reunión do xerente da área sanitaria co alcalde da Lama Área Sanitaria Pontevedra-O Salnés

O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, confirmou este venres que os municipios da Lama e Ponte Caldelas compartirán unha nova praza de atención pediátrica.

Así llo explicou Flores ao alcalde da Lama, David Carrera, nun encontro para analizar a atención sanitaria do municipio.

Esta nova praza compartida de pediatría dividirá o seu tempo desta forma entre o centro de saúde da Lama e ao centro de Atención Primaria do Concello de Ponte Caldelas, tal e como se dirimiu mediante concurso de méritos na recente convocatoria do Servizo Galego de Saúde para prazas de difícil cobertura.

Por outra banda o xerente reiterou o compromiso da administración sanitaria de mellorar as actuais infraestruturas do centro de saúde da Lama, coa idea de mellorar o illamento do edificio e efectuar melloras en materia de comunicación e accesibilidade da poboación.