Os últimos quilómetros, entre o 7 e 10, da VG 4.4, a Variante de Marín, van camiño de converterse nun punto negro de circulación.
Aínda que polo momento a Dirección Xeral de Tráfico non oficializou esta catalogación, os accidentes repítense demasiado a miúdo na mesma zona, próxima xa á rotonda de Seixo.
Esta vez o resultado do sinistro, acontecido aproximadamente ás 9:30 horas deste domingo, foi o dunha condutora ferida leve tras saírse da vía o seu vehículo no quilómetros 10, dirección Bueu, e impactar coas proteccións laterais.
Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos de Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Marín e 061, evacuando estes últimos á muller, única ocupante do turismo, a un centro hospitalario de Pontevedra afectada de dores nas costas e o pescozo.