As mensaxes de ánimo e empatía que o Hospital Montecelo de Pontevedra segue recibindo dirixidos aos colectivos profesionais da sanidade convertéronse nun mural que estes profesionais poden ver cada día no comedor destas dependencias sanitarias.
Foi o persoal que traballa na cafetería do Hospital quen tivo a iniciativa de que estas mensaxes enviadas tanto por adultos como pola poboación de menos idade, fosen visibles a todos os seus destinatarios. Así, foron imprimindo os máis de trescentas mensaxes recibidas a través das redes sociais, conformando un mural solidario.
Debuxos, fotografías, mensaxes de agradecemento e de ánimo van facéndose o seu oco neste mural nas últimas semanas. Mostras que estes profesionais sanitarios agradecen á sociedade mentres seguen co seu traballo contra a pandemia provocada pola COVID19.