Un mozo pontevedrés foxe cun patín eléctrico mentres o probaba para a súa compra

Pontevedra
10 de decembro 2020

Axentes da Policía Nacional identificaron e detiveron a un home de 22 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dunha apropiación indebida.

Patinete eléctrico substraído Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional detiveron a un home de 22 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, como presunto autor dunha apropiación indebida.

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos tiveron lugar na tarde do día 29 de setembro cando o propietario dun patinete eléctrico valorado en 600 euros que o poñía á venda nunha coñecida páxina de compravenda na internet contactou cun posible interesado e quedou con el nunha céntrica rúa de Pontevedra.

Antes de efectuar o intercambio do diñeiro polo patinete o posible comprador pediulle probalo ao cal accedeu o propietario, pero este individuo subiuse, acelerou e saíu fuxindo do lugar sen abonarlle o importe.

Por mor da denuncia interposta pola vítima os axentes iniciaron as pescudas para identificar ao autor da apropiación do patinete que levou a cabo o 19 de outubro.

O día 4 de decembro unha dotación policial que se atopaba levando a cabo labores de prevención da seguridade cidadá sorprendeu ao presunto autor dos feitos cando baixaba dun camión un patinete que respondía as características do subtraído e ao que lle manipulaban a placa borrando a súa numeración.

Os axentes interviñeron o patinete e unha vez localizado entregáronllo ao seu lexítimo propietario.