Un mozo denuncia o porteiro dun pub por un empuxón que lle causou lesións

Pontevedra
18 de novembro 2019

Un mozo pontevedrés presentou unha denuncia na Comisaría indicando que saíra dun local pouco antes das cinco da madrugada e, ao darse conta de que lle quedaba ao cazadora dentro, tentou volver entrar. Xa eran as 5.03 e o porteiro e o local xa estaba pechado, de modo que o porteiro negoulle a entrada e acabou empuxándoo 

Patrulla da Policía Nacional no casco histórico de Pontevedra Mónica Patxot

Un mozo pontevedrés presentou unha denuncia na Comisaría Provincial da Policía Nacional contra o porteiro dun local de copas da rúa Charino, no centro histórico de Pontevedra, que presuntamente lle deu un empuxón polo que acabou no chan cun golpe na cabeza e outro no cóbado, ademais de con a pantalla do móbil danada. 

Segundo o relato do mozo denunciante, estivera nun local de copas e, pouco antes das cinco da madrugada, marchouse. Ao saír, deuse conta de que se deixou a cazadora no interior, de modo que tentou volver entrar. Con todo, xa eran as 5.03 horas e o local xa estaba pechado, de modo que o porteiro negoulle a entrada

A versión aportada polo mozo á Policía Nacional sostén que o porteiro, para impedirlle a entrada, empuxono e foi nese momento no que caeu ao chan e lesionouse. Nese momento, tiña oteléfono móbil na man e, coa caída, fracturóuselle a pantalla

Tras ese incidente, desprazouse ata o Hospital Montecelo para que o atendesen polas lesións sufridas e, co parte médico xa na man, acudiu a presentar unha denuncia

PELEXA MULTITUDINARIA

Durante a madrugada do sábado ao domingo, sobre as 4.20 horas, a Policía Nacional tamén recibiu un aviso por unha pelexa multitudinaria na rúa Benito Corbal de Pontevedra. O aviso alertáballes de que o enfrontamento implicaba a un número elevado de persoas, pero, á súa chegada ao lugar, a patrulla policial atopou a rúa deserta

Os axentes entrevistáronse co porteiro dun local situado nas inmediacións e este explicoulles que se produciu unha discusión entre un grupo de mozos que se disolveron antes da chegada da policía