Un motorista resulta ferido ao caerse da moto en Domingo Fontán

Pontevedra
27 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Na avenida Domingo Fontán, e ata a rotonda do Nó de Bombeiros, quedou unha mancha de gasóleo na calzada. Trasladáronse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Garda Civil de Tráfico e tamén persoal do servizo de mantemento de estradas para a limpeza da vía

Patrulla da Garda Civil no Nó de Bombeiros Mónica Patxot

Un motorista resultou ferido á primeira hora a mañá deste mércores tras caerse do seu vehículo cando circulaba pola avenida Domingo Fontán. 

Segundo confirmaron desde a Garda Civil de Pontevedra, o accidente produciuse sobre as 6.45 horas da mañá e, como consecuencia da caída, o motorista tivo que recibir asistencia médica.

Así, foi trasladado en ambulancia ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez de Pontevedra, onde entrou, en principio, con prognóstico leve

Na avenida Domingo Fontán, e ata a rotonda do Nó de Bombeiros, quedou unha mancha de gasóleo na calzada

Ata o lugar trasladáronse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia, a Garda Civil de Tráfico e tamén persoal do servizo de mantemento de estradas para a limpeza da vía.