Un home de 72 anos, vítima 164 da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Pontevedra
01 de abril 2021

A Consellería de Sanidade comunica a morte de dúas persoas por coronavirus durante as últimas 24 horas, ademais do paciente de Montecelo tamén perdía a vida unha muller de 54 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ámbolos dous, segundo a información facilitada, contaban con outras enfermidades previas

UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19
UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19 / Pool / Ramón Leiro

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés alcanza a cifra de 164 falecementos debido á infección por covid-19. Este xoves 1 de abril, a Consellería de Sanidade comunicaba a morte dun home de 72 anos no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés. Contaban con outras enfermidades previas no seu historial médico.

Trátase da vítima ao longo desta semana no Hospital Montecelo por esta enfermidade, despois de notificarse a morte dunhamuller de 94 anos e dun home de 76, que rompían a serie de case dúas semanas sen que se rexistrasen falecementos nesta zona.

Desde o inicio do plan de continxencia desenvolto con motivo do coronavirus, na área sanitaria curáronse 12.396 persoas, 21 máis na última xornada, segundo os datos facilitados polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). 

Ademais da vítima pontevedresa, nas últimas 24 horas tamén falecía en Galicia unha muller de 54 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense debido á pandemia. Tamén contaba con outras patoloxías previas.