Un grupo de voluntarios retiran en Ons 380 quilos de residuos e plantas invasoras

Bueu
06 de xuño 2021

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar este sábado na Illa de Ons unha xornada de limpeza de lixos mariños e retirada de especies invasoras enmarcada dentro do programa Plancton

Un grupo de voluntarios retiran en Ons 380 quilos de residuos e plantas invasoras Programa Plancton

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar este sábado na Illa de Ons unha xornada de limpeza de lixos mariños e retirada de especies invasoras enmarcada dentro do programa Plancton.

Nesta ocasión as actividades de limpeza centráronse en distintos areais da illa de Ons, onde máis de 60 persoas voluntarias conseguiron retirar máis de 52 quilos de residuos e 328 quilos da especie invasora Margarita del Cabo (Arctotheca caléndula), ao longo dunha mañá intensa de traballo de voluntariado ambiental.

Esta acción súmase ás recentemente realizadas na Illa de Arousa e na illa de Cortegada, dentro tamén do Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

Estas actividades pretenden, entre outros obxectivos, fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia (ZEPA) e outras da Rede Natura 2000.