Este xoves estarán en Campolongo un grupo duns 12 alumnos e máis dous profesores para estudar a renaturalización do río Gafos ao seu paso por este barrio pontevedrés.
Os estudantes estarán acompañados por membros de Vaipolorío e por Jorge Rodríguez Álvarez que é o coordinador da materia Proxecto da Paisaxe 3 do grao en Paisaxe da Universidade da Coruña.
O grao en Paisaxe é de nova creación no sistema universitario galego. Impártese a medias entre a Universidade da Coruña e a de Santiago de Compostela, sendo este o seu segundo ano de vida. É ademais un dos tres grados en Paisaxe existentes en España.
O obxectivo do grao é dotar dunha formación transdisciplinar, que vai dende a botánica ou edafoloxía ata o deseño, planificación do territorio ou a historia do arte, específica para estudos e propostas na paisaxe.